Vivienda Comunitaria San José en Betanzos - Fundación Raiola

Vivenda Comunitaria "San José" en Betanzos - Fundación Raiola

Coidado personalizado e servizo integral

A mellor opción para os nosos maiores

A Vivenda Comunitaria San José está situada no concello de Betanzos e pertence a Fundación Raiola, de Iniciativa Social e subvencionada pola Xunta de Galicia. Ofrecemos unhas amplas instalacións que permiten aos residentes unha estancia cómoda e agradable.

Dispoñemos dun amplo comedor, sala de estar e outras estancias para que os nosos clientes poidan gozar de todo o que necesiten. Ofrecemos aos residentes un coidado personalizado e prestamos un servizo integral. Os nosos maiores merécense o mellor trato posible e iso é o que ofrecemos na nosa Vivenda Comunitaria San José.

Centro de dia San Jose proxima apertura en Sada

A mellor opción para os nosos maiores

O noso obxectivo: coidar aos maiores

Rodéanos unha contorna natural con grandes espazos abertos. O noso principal obxectivo é coidar aos máis maiores, axudalos na realización das súas accións diarias e entretelos con diferentes actividades e servizos, o seu benestar é fundamental para nós.

Prestamos unha atención completa e personalizada a cada un dos nosos residentes e mantemos ás súas familias informadas en todo momento, para que conten coa tranquilidade de que os máis maiores están nas mellores mans e reciben os mellores coidados.

Servizos e actividades da nosa vivenda comunitaria en Betanzos

Servizos e actividades da nosa vivenda comunitaria en Betanzos

  • Salón de peiteado
  • Podoloxía
  • Servizo de Acompañamento
  • Terapia e rehabilitación
  • Biblioteca
  • Transporte
  • Capela
  • Terapia ocupacional
  • Animación Sociocultural
  • Manualidades
  • Actividade física e motora

Por que elixir Vivenda Comunitaria San José?

Instalacións

Instalacións

Dispoñemos dunhas instalacións amplas e cheas de zonas verdes. Son perfectas para que os nosos maiores paseen e gocen da natureza e do aire fresco.

Equipo próximo

Equipo próximo

O equipo que formamos Vivenda Comunitaria San José caracterizámonos por ofrecer un trato próximo e cariñoso, tratamos a todos os nosos residentes coma se fosen parte da nosa familia.

Servizos

Servizos

Podemos ofrecer un amplo abanico de servizos na nosa vivenda comunitaria en Betanzos. Para nós é prioritario ofrecer aos nosos maiores un servizo integral.

Actividades

Actividades

Ademais dos nosos servizos, en Vivenda Comunitaria San José poderá atopar unha gran variedade de actividades que podemos realizar xunto aos nosos residentes.

Un trato próximo e persoal

En Vivienda Comunitaria San José esforzámonos por ofrecer a todos os nosos residentes un trato cercano, persoal e de calidade. Somos como unha gran familia e pasamos moito tempo xuntos, por iso queremos que todos os nosos maiores se sintan cómodos con nós e se deixen coidar.

Gústanos que desfruten dos seus días na nosa Vivenda Comunitaria San José, xa sexa facendo rehabilitación ou dando un paseo polas nosas instalacións. Ten algún familiar que precise coidados ou compañía? Contacte con nós e confíe na nosa profesionalidade!

Un trato próximo e persoal
Confíe no noso equipo de profesionais

Confíe no noso equipo de profesionais

O noso equipo de traballadores está altamente cualificado e todos contan coa experiencia necesaria para levar a cabo os nosos servizos. Así que se ten algún familiar maior que necesite coidados e non ten tempo nin forma de realizalos, non se preocupe!

En Vivenda Comunitaria San José encargarémonos de coidalo e atendelo coma se fose parte da nosa familia. Se quere saber máis acerca dos nosos servizos non dubide en poñerse en contacto connosco.

Os nosos financiadores públicos

  • Deputación da Coruña
  • Xunta de Galicia
  • Unión Europea

Contacte connosco

Non dubide en visitarnos ou en poñerse en contacto connosco para saber máis sobre os nosos servizos ou para coñecer as nosas instalacións. Estaremos encantados de atenderlle.

  • Logo Xunta de Galicia
  • Logo Unión Europea
  • Logo Inega
  • Logo Xacobeo 2021
  • Logo Galicia

Convocatoria de Subvencións do Instituto Enerxético de Galicia a proxectos de Enerxías Renovables Térmicas, ano 2019

VIVENDA COMUNITARIA “SAN JOSE” dependente de FUNDACION RAIOLA

IMPORTE AXUDA CONCEDIDA: 4.241,30€

Proxecto realizado:

Instalación aerotémica para produción de calefacción

Operación cofinanciada pola Unión Europea

Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020

Conseguir unha economía mais limpa e sostible

Unha maneira de facer Europa